Carácter internacional no Terra da Auga da man de Guillaume de Mevius

O piloto belga é a primeira presencia extranxeira confirmada no Rally Terra da Auga 2019. De Mevius participa este ano no WRC2 dentro do Mundial de Rallyes aos mandos dun Citroën C3 R5 e como antesala do Rally de Portugal, preparará a cita lusa na proba arzuana. Acompañado por Martijn Wydaeghe no asiento da dereita, esperase que sexa un dos principáis candidatos ao podio, que estará moi caro nesta edición puntuable para o Supercampeonato de España.

De Mevius, de 24 anos, ven de facer un 7º posto no Tour de Corse e estaba rodando 2º no Rallye de Monte-Carlo antes dun accidente a tres tramos do final, sempre falando da categoría WRC2. Este será o seu segundo rallye sobre terra aos mandos do C3 tras disputar o ano pasado en Lozère, cita do Campeonato de Francia de Rallyes de Tierra, onde finalizou 5º.

Queremos dar a benvida a esta familia belga que xa visitou Galicia fai uns anos, pois o seu irmán Ghislain participou en 2015 na nosa proba, gañando a clase R2.