Previa: O Rally Terra da Auga xa está aquí

A cuarta cita do Campionato de España de Rallyes de Terra leva aos equipos ata Galicia, concretamente ata a Comarca de Arzúa, que será unha das sedes dunha nova edición do Rally Terra da Auga xunto aos Concellos de Touro, O Pino, Boimorto e Boqueixón.

Un total de oitenta e catro equipos estarán presentes nesta proba que ademáis será o terceiro rallye puntuable para o Supercampeonato de España de Rallyes, no que Xevi Pons e Pepe López chegan empatados a puntos tras obter unha victoria cada un nas dúas primeiras citas.

Estos dous pilotos serán dous dos claros favoritos ó triunfo en Galicia, e a eles uniránselles Gorka Eizmendi, Javier Pardo, Álex Villanueva, Josep Basols, Yeray Lemes ou Guillaume de Mevius, piloto belga que desputa actualmente o Mundial de Rallyes e que dará un toque internacional á proba.

Ademáis dos equipos que pelexarán polo triunfo final, contaremos con varios trofeos como son a N5 RMC Motorsport que porá na salida un total de catorce equipos, destacando a presenza do actual líder do trofeo, Fran Cima; do canario Juan Carlos Quintana, ou de toda unha campeona de Europa como é Emma Falcón, que fará su debut oficial aos mandos do seu Citroën C3 N5.

Outro dos trofeos presentes será o Desafío Kumho N3 Rally Cup, que segue ampliando os seus participantes e en Galicia xa contará coa inscripción de seis equipos, entre os que destacan a presenza de Ruth Ortega y Marta Lago, dúas das féminas del certamen. A Copa Kobe Motor disputará a súa segunda cita en Arzúa, e o fará con dez inscritos con Unai García como referencia tras obter o triunfo en Navarra.

A proba arrincará na xornada do venres, coa celebración do shakedown que comezará ás 14:30 horas, e a primeira súper especial de algo máis de cinco quilómetros que ademáis será utilizada como treito de calificación.

Xa o sábado, desputaranse un total de nove treitos máis, con catro seccións de dous tramos cada unha dende as 9:15 horas, e finalizando a proba con un tramo espectáculo de un quilómetro a partires das 19:03 horas, que será retransmitido en directo pola Televisión de Galicia.

 


Información útil:

Itinerario – horario

Programa – horario

Lista de inscritos

Radio oficial: Radio Arzúa, 107.4 FM