Desvelanse os primeiros detalles do Rally Terra da Auga 2019

O 2019 suporá un novo desafío para o Rally Terra da Auga, posto que será a terceira proba do recién creado Supercampeonato de España de Rallyes, atraendo así a un bo puñado de primeiros espadas que se batirán o cobre pola vitoria durante a fin de semana do 24 y 25 de maio.

Ademáis do S-CER e o CERT, a proba arzuana tamén puntuará para a Copa N5 RMC, Copa Kobe Motor e Beca U24. A título propio da nosa proba, también se realizará o Criterium Concello de Boimorto, que será exclusivo para todo terreos e buggies que queiran participar, dada a boa acollida destos últimos nas probas de terra que se realizan en Galicia.

Xa se van desvelando alguns detalles relativos ao recorrido desta edición, como os seus 121 kilómetros cronometrados e 6 especiales diferentes, cun rutómetro moi compacto como viña sendo habitual en anos pasados.

A saida ceremonial será o venres ás 18:00 desde a Rúa Nova de Pedrouzo, tras a cal se disputará un tramo superespecial de calificación, que definirá a orde de saída para o resto da proba. O parque de traballo estará situado en Touro mentres que a entrega de premios efectuaráse en Arzúa, rotando de novo sobre o visto  año pasado. Outra das novidades será que por primeira vez o Rally Terra da Auga sairá da Comarca de Arzúa, cunha especial no Concello de Boqueixón.

En canto a posibles inscritos, pouco se pode avanzar que non sexan os principáis do S-CER, CERT e copas de promoción, pero o que sí é seguro é que estará presente o melidense Jesús Ferreiro, ao volante dun Subaru Impreza STi N11 co que tomará contacto sobre a tierra este mismo fin de semana no Rallye Circuito de Navarra.

Falta prácticamente un mes para que soen os motores e la Escudería A.D.N. Motor xa está traballando a pleno rendemento para seguir mellorando o logrado no pasado.