Xevi Pons asentase o frente no inicio do Rally Terra da Auga

O igual que sucedeu o ano pasado, o piloto catalán Xevi Pons puxo terra de por medio despois de disputarse os primeiros tramos marcando tres scratchs dos tres posibles. O do Fabia R5, copilotado por Rodrigo Sanjuan, encabeza a proba con 26,3 segundos de ventaxa sobre o equipo oficial de Citroën España, Pepe López e Borja Rozada.

A loita polo podio non acaba aquí, xa que o galego Javi Pardo e o belga Guillaume de Mevius situanse a uns 10 segundos do madrileño. Cerrando o top 5, Gorka Eizmendi xa deixa mais dun minuto na xeral respecto o líder.

Moi entretetida está sendo a Copa N5 RMC, con varios pilotos na liza pelexando pola victoria, donde hasta o momento comanda o canario Juan Carlos Quintana por diante do italiano Alfredo Dedo, Fran Cima e Alberto Otero, por este orden.

Espectacular ritmo do xovencísimo Delbin García, que encabeza a clase R2 con 1,5 segundos de marxen sobre Aritz Iriondo e 5,8 sobre Jordi Nualart. Jan Solans, estreando o novísimo Ford Fiesta R2T na Península, é cuarto a sólo tres segundos do podio.

O Desafío Kumho N3 Agustín Álvaro está situado ó frente pero con Kevin Guerra e Iván Arenas por detrás en menos de cinco segundos. Unai García está dominando ata o momento a Copa Kobe Motor, precedendo a Alejandro Martín e Sergio Arenas.