73 equipos daranse cita esta fin de semana no Rally Terra da Auga

A única cita galega do Campionato de España de Rallyes de Terra, que ademáis repite puntuabilidade para o Supercampionato de España de Rallyes, xa ten confeccionada a súa lista de inscritos oficial, con un total de 73 participantes.

Unha lista que ten cor mundialista, xa que estará presente Nasser Al-Attiyah (3 veces gañador do Rally Dakar, Campión do Mundo de WRC2 en 2014 y 2015, Campión do Mundo de Producción en 2006, 12 veces Campión de Oriente Medio) , o actual líder do Nacional de Terra Nil Solans (Campión do Mundo Junior en 2017), ou Alberto Heller (gañador en WRC2 do Rally de Australia 2018). Frente a eles estará o Supercampión de España, Pepe López, conformando así a lista de favoritos.

O Terra da Auga abrirá o telón da Beca Júnior R2 en 2020, con nada menos que 11 participantes, destacando nomes coma Javier Pardo, Sergi Francolí, Roberto Blach ou o becado sub-24 pola Real Federación Española de Automovilismo, Alejandro Martín. Sen dúbida a pelexa entre os novos talentos do país será un dos puntos fortes da proba.

Ademáis, daranse cita outros dous certames de promoción, como son o Desafío Kumho N3, que se inicia na comarca arzuana con 8 participantes, e a Dacia Sandero Rally Cup, que vén de celebrar a súa primeira proba a pasada semana, e que contará con 6 equipos inscritos.

A lista de inscritos oficial pódese consultar a través da seguinte ligazón: https://bit.ly/32PO8rX