Agradecementos especiais trala satisfactoria celebración da proba

Unha vez rematada esta insólita edición do Rally Terra da Auga sen ningún problema socio-sanitario, dende o Comité Organizador queremos expresar o noso especial agradecemento a aqueles que deron todo o seu apoio para afrontar os retos e dificultades xurdidos nesta insólita situación.

Dende a Deputación, Xunta de Galicia, Subdelegación do Goberno, os Concellos de Arzúa, Boimorto, Boqueixón, O Pino e Touro, e os Servizos de Protección Civil, ata a Real Federación Española de Automovilismo e os equipos participantes, pasando por todos e cada un dos 332 membros da organización e sen esquecer aos nosos colaboradores Recalvi, Boyacá, Louzao, Gadis e Stark.

Mención especial merece a colaboración específica de PressBoxes no control da capacidade Covid-19, o espectacular despregamento da CRTVG na transmisión en directo de dúas das especiais e, sobre todo, a absoluta dispoñibilidade da compañía F. Gómez e Cía.

Agradecer tamén a comprensión de todo o público presente na proba, cun comportamento exemplar tanto no ámbito sanitario como na propia seguridade do evento, aceptando as directrices dadas polos estamentos e a organización

Grazas a tod@s e ata un 2021 normalizado.