O Rally da Auga – Camiño de Santiago consegue a pre-inspección para o Europeo de Rallyes

As persoas que colaboran na organización do Rally da Auga – Camiño de Santiago, puntuable para o Supercampionato de España, estiveron traballando dende fai varios meses e conxuntamente coa Real Federación Española de Automovilismo, para conseguir que o único rallye de terra que se celebra en Galicia adquira oficialmente no presente ano a categoría Internacional, tras solicitar a pre-inspección para o Europeo de Rallyes.

Aínda que o obxectivo non é sinxelo, a organización apoiarase nos grandes valores que sempre imperaron para a celebración da proba: o soporte institucional, o traballo de tódolos amigos e colaboradores, o apoio dos equipos participantes, a comprensión dos medios informativos e a gran afición que ano tras ano nos acompaña.

Foto: Bruno Penas