O Rally da Auga – Camiño de Santiago desvela os seus emprazamentos para a edición 2021

Cuando só resta pouco máis dun mes para a súa celebración, o Rally Da Auga – Camiño de Santiago da a coñecer os seus principais emprazamentos sobre os que se desenrolará a proba. O cambio máis salientable é a ubicación do parque de asistencia no Recinto Feiral de Amio, situado no Concello de Santiago de Compostela, que permitirá aos equipos distribuir as súas áreas de traballo cómodamente e con moitas das facilidades das que dispón este complexo. O Concello de Arzúa será escenario nesta ocasión da cerimonia de saída da proba, que se celebrará na tarde do venres 4 de xuño, dende o xa coñecido Campo da Feira da localidade. Os parques de reagrupamento, pola súa parte, estarán situados no Concello de O Pino.

En canto ó esquema do rally, o venres celebrarase o shakedown e a continuación o fará o primeiro treito cronometrado da proba, onde se marcarán as primeiras diferenzas pero que tamén servirá para definir a orde de saída do día seguinte. Xa o sábado 5 de xuño disputarase o clásico formato de catro treitos a doble pasada, que sumando o do venres totalizan nove especiais distribuídas ao longo da Comarca de Arzúa e o Concello de Boqueixón. O último treito da proba será o TC-Plus, que outorgará puntos extra para o campionato aos equipos máis rápidos.

A Escudería A.D.N. Motor encóntrase pechando os últimos flecos para ter completamente definida a proba, aproveitando para agradecer a axuda que xa está sendo prestada por colaboradores, patrocinadores, concellos implicados e demáis estamentos, sen os cales o evento non podería levarse a cabo.