O Rally da Auga – Camiño de Santiago presenta o seu cartel oficial

A edición de 2021 do Rally da Auga – Camiño de Santiago xa ten cartel oficial. Como non podía ser doutro xeito, a Ruta Xacobea reflíctese cun gran papel no seu deseño, así como o Grupo Recalvi, un dos patrocinadores principais da proba e que se reflicte no Skoda Fabia R5 Evo de José Antonio Suárez e Alberto Iglesias, participantes no Campionato de España de Rallyes.

Agradecer a todos os patrocinadores a súa axuda para poder realizar un ano máis as probas de referencia da terra en España. Tamén debemos agradecer o seu inestimable apoio aos organismos e entidades públicas que permiten a celebración deste Rally da Auga – Camiño de Santiago.