O Rally da Auga – Camiño de Santiago presentouse con éxito en O Pino

Varias ducias de personalidades reuníronse na tarde do xoves para a presentación oficial do Rally da Auga – Camiño de Santiago. O lugar elixido foi O Muíño de Pena, no Pino, cun marco espléndido que permitiu aos presentes gozar da natureza galega, atravesado polo río Mera (un dos afluentes do Tambre).

Contando cos alcaldes dos concellos implicados, ademais de con José Vicente Medina, presidente da Comisión de Rallyes da RFEdA ou Nava Castro, Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a través dalgúns dos patrocinadores que apoian a celebración da proba como o Grupo Recalvi, cuxo director, Chema Rodríguez, tamén pronunciou unhas palabras. Todo isto apadriñado polo campión do mundo de ralis Luis Moya, que subliñou a fortaleza do voluntariado nos rallyes, xa que é un dos deportes onde máis repercute este tipo de axudas, sen as cales sería imposible levalos a cabo.

Os representantes dos organismos públicos manifestáronse a favor dunha proba que o ano pasado tiña un gran reto por celebrarse debido á pandemia, polo que para esta edición, coas medidas un pouco máis relaxadas, todos son conscientes de que o Rally da Auga será unha gran festa do automobilismo na que todo o mundo pode gozar.
Agradecemos a súa asistencia a todos os representantes de entidades públicas, patrocinadores, membros da organización e medios de comunicación, como a TVG.