O Rally da Auga – Camiño de Santiago xa ten lista de inscritos oficial

A lista oficial de inscritos para o Rally da Auga – Camiño de Santiago xa saíu do forno. Nela aparecen nada menos que 100 equipos e 13 reservas, superando con creces calquera cifra acadada nas sete edicións anteriores do Rally da Auga. Moitas grazas a todos pola vosa acollida, dende a organización faremos todo o posible para que o próximo fin de semana sexa unha gran festa do automobilismo.