O Rally da Auga contará con guía do espectador e vixiancia nos treitos

Cando só faltan pouco máis de dúas semanas para a celebración do Rally da Auga – Camiño de Santiago, a Escudería A.D.N. Motor e todas as entidades colaboradoras están pechando os últimos detalles para a celebración óptima da proba.

Nesta nova edición regresarán as guías do espectador, que como de costume se presentarán en dous formatos. Por unha banda, en formato físico grazas a Crónicas da Comarca, xornal mensual gratuíto que estará dispoñible en varios localizacións da proba. Por outra banda, tamén estará dispoñible en formato dixital multiplataforma. Nesta guía, os espectadores poderán atopar toda a información necesaria para acceder ós treitos como mapas e indicacións, lista de inscritos e horarios. A guía en ambos formatos será pública ao longo da tarde do xoves 3 de xuño.

A organización tamén está a controlar todas as especiais do evento, con vixiancia por cámaras e un dispositivo especial da Garda Civil. Así, garantirase o benestar dos residentes que viven ao longo dos tramos, ademais de preservar a igualdade na competición.

En canto ás inscricións, o ritmo continúa cun bo progreso, chegando ao medio centenar de equipos inscritos, alcanzando así posiblemente cifras de anos anteriores.