O Rally Terra da Auga, a celebrarse o 25 e 26 de setembro

A cita galega do Nacional de Terra ten unha nova data e será a última semana de setembro (días 25 e 26) na que a rexión de Arzúa acollerá aos mellores equipos do panorama nacional. Debido á reprogramación de probas, ademais de puntuar para o Campionato de España de Rallyes, tamén puntuará para o Supercampionato de España de Rallyes. O Terra da Auga será a segunda proba do CERT, despois de sete meses de parón forzado.

A agrupación A.D.N. Motor, xunto con todos os colaboradores e estamentos, está a traballar para levar a cabo esta nova edición, que se converteu nun auténtico reto debido á situación actual provocada polo COVID-19. Evidentemente, as medidas de seguridade, hixiene e distanciamento serán primordiais para preservar a saúde dos equipos, organización e afeccionados, para seguir así gozando deste deporte. As directrices establecidas pola RFEdA sobre esta materia serán o camiño a seguir por todas e cada unha das persoas que acudan á proba.