O regulamento particular do Rally Terra da Auga 2020 sae á luz

Aínda pendente da aprobación por parte da Real Federación Española de Automovilismo, o Rally Terra da Auga 2020 xa ten o seu regulamento particular, co que xa se van desvelando as distintas localizacións da carreira.

A base de operacións da proba estará ubicada no Centro Multiusos “Terra do Queixo” en Arzúa, así como os distintos reagrupamentos que porán fin ás tres primeiras seccións e acollerá a entrega de trofeos. No canto do parque de traballo, estará situado no Parque Empresarial de Touro, sobre uns terreos cedidos pola dirección da empresa Construcciones Francisco Gómez y Cía., que sempre apoiou a nosa proba e á que agradecemos o seu esforzo para poder illar aos equipos respecto a cualquer núcleo poboacional, e así evitar cuaquera problema relacionado ca pandemia de Covid19.

Precisamente para extremar as precaucións sanitarias nestas áreas que supoñen acumulación de xente, vetarase a entrada de público tanto á zona de asistencias, así como ós reagrupamentos e á de entrega de premios. O acceso a cada unha das zonas restrinxirase vía códigos QR persoales que se poderán obter a través dunha aplicación da que próximamente se darán máis detalles.

Tal e como se informou en anteriores notas de prensa, a prueba rebasará os 100 quilómetros cronometrados, divididos en 8 especiais ao largo da xornada do Sábado 26 de Setembro.

Podes descargar o regulamento aquí ou na sección Participantes da web.