O Terra da Auga, na súa data habitual e puntuable para o ‘Supercampeonato’

A que volverá a ser a única proba do Campeonato de España de Rallyes de Terra, o Rally Terra da Auga, xa ten a súa data confirmada. Será como ven sendo habitual a última fin de semana de maio, que en 2019 cae en venres 24 e sábado 25. Esto quere dicir, que tras o cambio de datas do Rally de Portugal, a cita arzuana será xusto a semana precedente, e que polo tanto pode ser un reclamo para que pilotos de nivel internacional se acerquen á comarca como preparación para a cita mundialista.

Non acaban aquí as boas novas, porque a RFEdA incluiu no calendario do novo ‘Supercampeonato’ ao Terra da Auga, unha fórmula mixta (tres probas de terra e catro de asfalto) da que se espera boa acollida, polo que aumentará en calidad a lista de inscritos. En síntesis, a pouco máis de 5 meses da súa celebración todo parece de cara para vivir unha das mellores edicións do rallye gallego.

Novamente asentado na Comarca de Arzúa e organizado pola Escudería A.D.N. Motor, hai que dar as gracias aos cuatro concellos (Arzúa, Touro, O Pino y Boimorto) da Comarca, así como aos seus veciños e comerciantes pola súa axuda e bo trato co que nos recibiron sempre. Froito del é que o Rallye Terra da Auga é unha das probas referencia do panorama nacional, como así atestiguan as valoracións por parte dos observadores da RFEdA.

O traballo na edición 2019 xa comezou fai algúns meses para ofrecer un mellor e maior espetáculo aos pilotos, copilotos, equipos e aficionados.

¡Vémonos en Arzúa!