O Terra da Auga recibe o beneplácito dos catro alcaldes da Comarca de Arzúa

Coa data definida os días 24 e 25 de maio, o Rally Terra da Auga terá a súa sede emplazada, por terceiro ano consecutivo, na Comarca de Arzúa. Un evento que acercará aos mellores pilotos do panorama nacional (gracias en parte á súa puntuabilidade para o recén creado Supercampeonato) e algunha sorpresa internacional.

Un ano máis, os alcaldes dos concellos de Boimorto (María Jesús Novo), Arzúa (José Luis García), O Pino (Manuel Taboada) e Touro (Ignacio Codesido) manifestaron o seu apoio á celebración dunha proba que en cada edición deixa maiores cifras de retorno económico para a Comarca, especialmente na hostelería, xa que a ocupación chega aos seus topes ese fin de semana. Na reunión cos catro rexidores estivieron por parte da Escudería A.D.N. Motor, a Presidenta do Comité Organizador, Regina Castro e o Director de Carreira, Fran Fernández.

Queremos agradecer aos veciños, comerciantes, patrocinadores e colaboradores a súa boa predisposición e apoio á proba, facilitando enormemente o traballo da organización ano a ano.