Os estamentos apoian ó Rally Terra da Auga na su presentación oficial

Esta tarde celebrouse no 1930 Boutique Hotel de Arzúa a presentación oficial do Rally Terra da Auga, onde asistiron diversas autoridades reperesentantes dos principais estamentos, que fixeron fincapé na dificultade extra de organizar esta edición pero tamén da valentía por parte da organización en levala a cabo.

No acto compareceron a Subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, o Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conslleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a Delegada de Deporte e Mocidade da Deputación da Coruña, Cristina Capelán. Todos eles reiteraron o seu apoio á proba e agradeceron a labor organizativa nestas condicións tan complicadas. Tamén estiveron presentes os alcaldes dos concellos implicados na proba.

No canto da parte deportiva, o Presidente da Real Federación Española de Automobilismo, Manuel Aviñó, e o copiloto bicampión do Mundo de Rallyes, Luis Moya, deron a súa visión do evento dende a perspectiva automobilística, facendo referencia á boa labor das probas galegas, que están a ser un puntal para o desenrolo dos campionatos de rallyes nacionais con un expediente impecable ata o de agora dende o punto de vista sanitario.

Un Rally Terra da Auga que se tinguiu con tintes mundialistas, xa que ó cerre de inscricións, varios pilotos con palmarés internacional como Nasser Al-Attiyah (Campión do Mundo de WRC2 en 2014 e 2015, Campión do Mundo de Producción en 2006, 12 veces Campión de Oriente Medio) , Nil Solans (Campión do Mundo Junior en 2017), ou Alberto Heller (gañador en WRC2 do Rally de Australia 2018) estarán presentes con monturas de primeiro nivel.

Ademáis, ao igual que o pasado ano, a Televisión de Galicia retransmitirá en directo o TC-Plus del Rally Terra da Auga (treito que outorga puntos extra para o campionato), que se complementa coas retransmisións vía streaming que se producirán do resto de especiais, para acercar así o máximo posible a prueba a tódolos afeccionados.