Suárez – Pin lideran o Rally da Auga trala primeira especial

O dúo asturiano do Recalvi Team impúxose na sección que abriu o telón deste Rally da Auga – Camiño de Santiago, superando a Nasser Al-Attiyah en algo máis de 3 segundos e a Álex Villanueva en 6. Despois do piloto madrileño, en menos dun segundo, Gorka Eizmendi e o mozo francés Léo Rossel posicionáronse, dando boa conta da fermosa batalla que poderemos ver mañá polo podio. Pola súa banda, Iván Ares comezou a proba marcando o sexto mellor tempo, a case 8 segundos da cero. Unha sección traizoeira que xa cobrou algunha vítima, o caso de Francisco López, que quedou atascado co seu Hyundai i20 R5, sen poder completar o treito.

Respecto das copas promocionais, o ex campión de España Cristian García, acompañado de Mario Tomé, impartiu unha clase maxistral na inauguración da Copa N5 RMC Motorsport 2021, superando ao galego “Tinín” Iglesias e César Garabatos en 13 e 15 segundos, respectivamente.

Outro dos certames de moda, a Beca Junior RTS dominou o equipo formado por Óscar Palomo e José Pintor, que se impuxeron nesta primeira especial por cinco segundos a Roberto Blach e 12 a Iago Gabeiras.

Na Copa 2RM, Aritz Iriondo e joseba Sánchez marcaron o ritmo, con Iñaki Tijera e Santi García completando o podio provisional, aínda que a menos de dous segundos do scratch.

Na Copa N3 a mellor foi a parella formada por Javier Sosa e Kilian Camacho, mentres que na Kobe Motor Cup Jokin Urquizu e Débora Frutos foron os máis rápidos.

Clasificación xeral despois do TC-0

  1. Jose Antonio Suarez – Alberto Iglesias (Skoda Fabia R5 Evo) 5: 49.0
  2. Nasser Al-Attiyah – Mathieu Baumel (Volkswagen Polo GTi R5) +3.3
  3. Álex Villanueva – Víctor Ferrero (Citroën C3 R5) +6.2
  4. Gorka Eizmendi – Diego Sanjuan (Skoda Fabia R5 Evo) +6,3
  5. Léo Rossel – Mathieu Maurin (Ford Fiesta MkII R5) +6,7